fachada vista por perro recepcion el bote de las galletas sala de espera y pasillo consulta veterinaria la puerta de la pelu la bañera

¿Que é quisquelo?

É unha raza de can de orixe indoeuropea, posiblemente sexa unha das razas máis antigas da Península Ibérica, traída probablemente polos pobos precélticos atlánticos e os celtas, xunto co resto das invasións nórdicas e xermánicas (suevos, bretóns/britanos, visigodos e normandos); debido ás súas grandes semellanzas e orixe común, probablemente estea emparentado co Västgötaspets sueco ou Can dos Visigodos, así como tamén cos Corgi Galeses, Cardigan e Pembroke.

Neste sentido, hai que sinalar que xa en tempos precélticos, na Idade de Bronce, os Oestrimnios mantiñan relacións marítimas comerciais con Irlanda, oeste de Inglaterra (Britannia), Bretaña (Armórica), Países Baixos e Dinamarca. Era a vella ruta megalítica; coa explotación do estaño dos montes e o ouro dos ríos, estableceuse un comercio no que se exportaba estaño, cobre, ouro, prata, peles e cerámica. Así, pezas da metalurxia galega (armas, obxectos utilitarios, xoiaría de ouro e bronce) foron atopadas en toda a costa atlántica.

En relación con este tipo de cans, os celtas da zona do País de Gales e Cornualles (britanos) utilizábanos para a cacería e apreciaban moito os seus dotes de intelixencia e vixilancia, polo que o admitían nas súas casas e confiábanlle a custodia dos seus nenos.

Máis información na páxina da Xunta de Galicia

simbolo_quisquelo
Quisquelo